Blogia

AULA VIRTUAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

WEBQUEST GRIPE A

WEBQUEST GRIPE A

Datas: 10 a 30 de setembro de 2009.

Pregunta para comentar cos compañeiros:

 

WEBQUEST SOBRE A GRIPE A:

1. INTRODUCIÓN.

As persoas padecemos enfermidades. Son de tres tipos: hereditarias, adquiridas ou infecciosas. As enfermidades hereditarias son as que se nacen con elas, como a miopía do profe Andrés, que ten que levar gafas. As enfermidades adquiridas son por facer cousas que non son sanas. Por exemplo, sentarse mal produce a deformación da columna vertebral. As enfermidades infecciosas son producidas por microbios. Este ano hai unha enfermidade infecciosa nova: a gripe A. Para saber qué é a gripe A e como nos podemos protexer desta enfermidade, realiza as seguintes tarefas.

 

2. TAREFAS.

1.      Primeiro, en parellas, responderedes unhas preguntas sobre que é a gripe A, como se contaxia e que podemos facer para non collela nin pasala.

2.      Despois, en parellas, faredes un folleto de consellos para non coller a gripe.

3.      En grupo clase, guiados polo mestre, elaborade un cartel tamaño cartolina sobre consellos para evitar a gripe.

3. PROCESO.

3.1. Responde estas preguntas no teu caderno. Non esquezas escribir o enunciado.

¿Que é un microbio ou microorganismo?

Pulsa aquí: http://libros.libertaddigital.com/las-fronteras-de-la-vida-1276236157.html

 

¿Que tres tipos de microorganismos hay? Pulsa aquí para descubrirlo: http://media.educ.ar/skoool/biology/micro_organisms/index.html

 

¿Que é un virus? Pulsa aquí e o saberás: http://www.albeos.org/?Virus-bacterias-y-otros

 

¿Con que máquina ou aparello podemos ver os microorganismos? Pulsa aquí e descóbreo: http://personales.mundivia.es/mggalvez/micro1.htm

 

Debuxa o virus do gripe A. Pulsa aquí para velo:

http://articulos.sld.cu/influenzaporcina/cdc-imagenes-del-virus-de-influenza-h1n1/

 

¿Que é a gripe A? ¿Qué síntomas produce nas persoas que a padecen? ¿Cómo pasa a gripe dunhas persoas a outras? ¿Qué consellos hay que seguir para evitar coller a gripe?

Pulsa aquí http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=63000

 

¿Como hay que lavar as mans para non coller a gripe? Pulsa aquí

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62562

 

3.2. Elabora, en Word, un folleto de consellos para non coller, nin pegar a gripe A.

  • Abre o programa Word.
  • Pon un título ao folleto de consellos para non coller a gripe A.
  • Cambia o tamaño, tipo, cor e fonte da letra do título.
  • Escribe os consellos para non coller a gripe A.
  • Copia da páxina web a imaxe de cómo lavar as mans e pégaa no documento.
  • Move as palabras e imaxes do folleto, sube e baixa as liñas, cambia cousas.
  • Revisa ata que estea ao teu gusto e avisa ao mestre.
  • Despois de que o mestre revise, imprime tres copias.
  • Unha copia é para ti, outra para o compañeiro e outra para o mestre.

 

3.3. Facer un mural tamaño cartolina entre toda a clase, guiados polo mestre.

a)      En clase, en grupos de 5, recortaredes partes dos folletos que realizastes e os pegaredes nun mural tamaño cartolina.

b)      Despois decoraredes o mural con lápices de cores, ceras, rotuladores, papeis de cores, etc.

c)      Finalmente, expoñeredes o mural nun lugar que poida ver todo o mundo.

 

4. AVALIACIÓN.

4.1. Proba a contestar estas preguntas por ti mesmo:

¿Que é un microbio?

 

¿Con que aparello se poden ver os microbios?

 

¿Todos os microbios producen enfermidades?

 

¿Por que está producida a gripe A: por unha bacteria, un virus ou un hongo?

 

¿Cal é o consello máis importante para non coller a gripe A?

 

¿Como hai que lavar as mans para non coller a gripe A?

 

4.2. Compara o folleto que realizaches co dos demais.

¿Tes o título, os consellos e as fotos de lavar as mans?

¿Que é o que máis te gusta do teu folleto?

¿Que é o que máis te gusta doutro folleto que non sexa o teu?

 

4.3. Comproba que, no mural feito pola clase, hai polo menos estes tres elementos:

£     Un título claro sobre o tema: consellos para evitar a gripe A.

£     Varios consellos para non contaxiarse.

£     Unha guía para lavar as mans.

5. CONCLUSIÓN.

 

A gran pregunta que tes que responder é a seguinte:

 

¿Seguindo os consellos para evitar contaxiarse da gripe A, é imposible collela?

  1. Sí, porque ao lavar as mans matas a todos os microbios do mundo e non volven a haber nunca máis.
  2. Non serve absolutamente de nada, porque hai microbios por todas partes e todo o mundo colle a gripe.
  3. Pode axudar a non collela, pero sempre hai unha posibilidade de contaxiarse.

(¿Cal é a correcta: A, B ou C?).

 

Aula virtual de educación primaria do profe Andrés

Aula virtual de educación primaria do profe Andrés

Benvidos a esta aula de educación primaria.

O profe Andrés creouna para que os nenos e nenas  do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo (Pontevedra), aprendades moitas, moitas cousas. Pero tamén a poden empregar nenos doutros coles. Pois nada! A divertise aprendendo co ordenador!

Se queredes comentar algo nesta páxina xa sabedes: a comentar.